Os sabores europeos chegan a Cambados

    CAMBADOS> Os sabores europeos elaborados con produtos das Rías Baixas desembarcaron na Praza de Abastos de Cambados. O proxecto levado a cabo por mestres e alumnos do Carlos Oroza busca resaltar a gastronomía como un símbolo da riqueza cultural europea, ao tempo que se reivindica a calidade dos produtos locais. 

     

    Os produtos locais e autóctonos foron os verdadeiros protagonistas do “Degusta Europa”, que nesta ocasión se celebrou na Praza de Abastos de Cambados. 

    Peixe, mexillóns, zamburiñas… e ata un vermú a base de albariño.

    Unha xornada gastronómica na que os artífices foron os mestres e alumnos de centro Carlos Oroza de Pontevedra… que non hai nada difícil traballando en equipo.

    O programa que xa pasou polos mercados de Caldas e Pontevedra, continuará durante este mes de maio nos de A Garda, Bueu e Vigo.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/10/degusta_europa_cambados_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/10/degusta_europa_cambados.mp4{/flowplayer}