CALDAS> Os populares de Catoira, Caldas e Rianxo únense para pedir unha entrada á autoestrada en dirección a Santiago na PO8001, á altura de Carracedo. Os representantes do PP ven nesta infraestrutura unha gran oportunidade para o sector industrial e turístico da zona.
O líder do Partido Popular en Catoira levou a iniciativa para xuntar ós populares dos concellos veciños nesta reclamación. Únense para esixir unha entrada a autopista na PO 8001. Unha opción que daría pulo ao sector industrial.
Para o PP de Caldas é clave que a AP9 se transfira a xunta para que se poida realizar esta reforma. Consideran prioritario que este proxecto se leve a cabo.
Pola súa parte os populares de Rianxo verían neste proxecto, ademais dos beneficios industrias, unha posibilidade para aforrar gastos en desprazamentos a toda a comarca.
Os representantes do PP afirman que levarán esta reforma nos seus programas. Loitarán xuntos para levala a cabo e lamentan a inacción dos actuais alcaldes.