Primeiro paso para que o Adro Vello do Grove adquira a declaración de Ben de Interese Cultural

GROVE> A xunta e o concello do Grove dan o primeiro paso para que o adro vello poda conseguir a declaración de BIC. Os técnicos do ente autonómico farán un estudo para determinar os pasos a dar para acadar este obxectivo. O proxecto nace grazas a insistencia da veciñanza de San Vicente.

O traballo da veciñanza de San Vicente e do concello do Grove poderá ter a súa recompensa. Dende hai anos veñen reclamando a declaración da contorna do Adro Vello como Ben de Interese Cultural. Despois de diferentes contactos positivos entre as administracións, o conselleiro de cultura e turismo visitou a zona e asegurou que comezarán os estudos para acadar ese recoñecemento.

Na zona que reclaman os veciños atópase unha vila romana, a base dun campanario visigodo, unha necrópoles de inhumación do século V ao XVIII e unha fortificación da idade media. O estudo definirá a área que se inclúa no BIC.

Tanto o conselleiro como o alcalde destacaron a importancia xacobea desta zona. Xa que aquí se atopou unha moeda traslatio.

Ambos políticos tamén destacaron que nada disto sería posible sen a mobilización e traballo da veciñanza.

Agora serán os técnicos de patrimonio os que fagan o estudo do lugar. O expediente de tramitación desta declaración pode chegar aos dous anos. Pero as administracións agardan que o tempo sexa moi inferior.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí