![]()
VILAGARCÍA> O voceiro dos socialistas, Marcelino Abuín, foi o encargado de tomar a palabra para desmentir unha a unha tódalas acusacións.
{flowplayer}images/salnes/190109_explicacion_psoe_pleno.flv{/flowplayer}
VILAGARCIA> O voceiro dos socialistas rebateu as propostas da oposición argumentando que moitas das actuacións que presentaron ou ben xa estaban recollidas no plan aprobado polo goberno, ou ben se trata de proxectos xa adxudicados. Para Marcelino Abuín, o verdadeiro problema da oposición é que o goberno dispoña de diferentes axudas orzamentarias para ir cubrindo todas esas necesidades.
Segundo o voceiro socialista, son moitas as obras que se teñen que levar a cabo en Vilagracía, polo que é necesario distribuílas nos diferentes paquetes de axudas cos que conta o goberno. Abuín asegura que os socialistas si tiveron en conta as opinións dos demais grupos da corporación á hora de decidir o reparto dos fondos estatais, e como exemplo pon a proposta presentada por IVIL. Marcelino Abuín insitíu en que o seu grupo actuou correctamente ó aprobar o reparto dos fondos anticrise na xunta de goberno local, xa que se trata, segundo eles, do procedemento que se segue en tódolos concellos.
En canto ás obras da praza de Rubiáns, os socialistas acusan á oposición de estar utilizando ós veciños desta parroquia para obter rédito político. A alcaldesa, Dolores Rodríguez, insistiu en que a actuación se levará a cabo, pero con cargo a fondos da Deputación. Unha resposta que causou malestar entre os habitantes de Rubiáns presentes no pleno.
Redacción Salnés






