O Monte do Castro abandonado

    RIBADUMIA> A voceira do Partido Popular en Ribadumia, Salomé Peñá, denunciou hoxe o estado de abandono no que se atopa o xacemento de Monte do Castro, no concello ribadumiense. 

     

    Salomé Peña a ex alcaldesa de Ribadumia, e actual voceira do Partido Popular, denunciou o estado de abandono no que se atopa o xacemento de Monte do Castro. 

    Un descubrimento arqueolóxico que se atopou no 2011, cando Peña aínda era alcaldesa da localidade, e que actualmente se atopa en mal estado. Unha situación que segundo a voceira popular non debería ter ocorrido, tendo en conta que é un dos principais reclamos turísticos da vila, e lamenta que os turistas que o visitaron en Semana Santa, tiveran que atopalo así…

    A situación na que se atopa o castro xa foi denunciada polo grupo popular no mes de setembro, na que mesmo interpuxeron unha moción, na que instaban a Deputación a continuar coas labores de mantemento e consolidación, do que segundo Peña, é un dos xacementos arqueolóxicos máis importantes da comunidade. 

    A popular afirmou que o actual goberno do concello de Ribadumia, está máis pendente de defender os seus intereses partidistas que os dos cidadáns. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/29/salome_montecastro.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/29/salome_montecastro.mp4{/flowplayer}