Uns vilagarciáns queren mudar de Concello ante a desidia de Fole

    VILAGARCIA> Os veciños do lugar do Pedroso, en Bamio- Vilagarcía, séntense discriminados. O Concello fixo unhas beirarrúas por este lugar deixando o último treito sen cubrir disque por falta de orzamento. Os veciños reclaman que se completen as beirarrúas, alomenos nun do lados desta calzada altamente perigosa.

    E é que o que máis lles molesta a estes veciños da Pedrosa é que se deixou a obra incompleta; neste lugar onde hai gabias de ata un metro de alto; e onde xa houbo dúas mortes por atropelo. Cabe salientar que este é un lugar de intenso tráfico de vehículos á hora de saída de traballo; amais de que por aquí moitos circulan a gran velocidade; co que todo suma para facer perigar a seguridade viaria neste entorno. Amais, as obras remataron uns metros antes das súas vivendas, ó que para eles é unha discriminación. A maiores, cada veciño tivo que construír o seu propio acceso a súa vivenda e son eles os que se encargan de limpar o entorno porque desde o Concello de Vilagarcía tampouco veñen a rozar; só a pedir votos en campaña electoral. Moi preto de aquí comeza o Concello de Catoira co que se comparan: aquí as beirarrúas están ben e o goberno municipal encárgase de adecentar as beirarrúas co que estes vilagarciáns están pensando seriamente en mudarse de Concello.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/20/bamio.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/20/protesta_vecinos_bamio.mp4{/flowplayer}