O Videafest presenta unha novidosa terceira edición que se celebrará nos estudos dos artistas

VILAGARCIA> Vilagarcía acollerá dúas das tres actuacións da terceira edición do Videafest. Un festival que se renova este ano e muda o seu formato. As tres xornadas terán lugar nos estudos dos propios artistas.

A arte, a gastronomía e a música maridan de xeito inigualable nas xornadas celebradas dentro do Videafest. O festival regresa este ano coa súa terceira edición e un cambio importante, en lugar de celebrarse en adegas, as xornadas terán lugar nos estudos dos diferentes artistas. Roteiros, Camiño de Santiago, arte, charlas, música e gastronomía combinaranse para dar a coñecer aos creadores e as vilas onde residen.

O videafest pretende desta maneira promover o Camiño de Santiago e a ruta do Río Ulla combinándoo co espectáculo, viño e gastronomía. Dende Vilagarcía destacan a importancia de celebrar eventos como o videafest.

As xornadas celebraranse os días 1, 9 e 15 de outubro. O día un o protagonista será Uxío López e seu estudo na rúa Monte de Berdón de Vilagarcía. O roteiro realizarase na ruta do Pai Sarmiento na vila, ao seu paso pola parroquia de Bamio. O día nove a o videafest desprazarase a Ribadumia, ao estudio de Xaquín Chaves, o roteiro terá lugar polo Monte do Castro. O evento pecharase o día 15 no estudo de Manolo Chazo en Carril, cun paseo pola beira do mar. A entrada a cada xornada ten un custo de 10 euros e están limitadas a 100 prazas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí