Hugo asina cinco goles no set do Arousa ó Ourense

arousa250_190109.jpgVILAGARCÍA> Seis goles levouse o Ourense da Lomba, victoria que lle serve ó Arousa para pechar a crise de resultados e saír dos postos de descenso. O gran protagonista do encontro foi Hugo Soto, autor de cinco tantos.

{flowplayer}images/salnes/futbolArousa_190109.flv{/flowplayer} 

Ninguén agardaba este resultado. O ata onte terceiro pola cola fíxolle un set ó terceiro por arriba e candidato ó ascenso (6-2).

Un partido no que foron clave os primeiros vinte minutos. Nese tempo, o Arousa fíxo dous tantos. O primeiro de Hugo, tras boa xogada de Chiño.

No ecuador do primeiro tempo, momento decisivo: penalti e expulsión por mans dentro do área do defensa visitante Adrián, pena máxima que aproveitou Hugo para asinar o segundo gol.

Puideron chegar máis tantos por parte dos locais, que dominaron e mesmo abusaron do seu rival, un auténtico coladeiro en defensa durante os 90 minutos. Pero o cadro ourensanista meteuse no partido xusto antes do descenso, cun gol de Jaime dende 40 metros tras erro clamoroso do meta Moncho.

Lonxe de poñerse nervioso, o conxunto de Juan Laxes saíu a polo partido na segunda metade e froito de ese ímpetu chegou o terceiro de Padín, á saída dun corner.

De novo ó Ourense, pasado o minuto 60, acurtou diferencias para buscar a remontada con dez. Javi Arenas facía o 3-2.

Pero a resposta local foi máis que contundente. Tralo saque dende o centro, dez segundos bastaron para que Hugo asinase o mellor gol da tarde; 4–2 e partido resolto con media hora ainda por diante.

Ese tempo servíulle ó Arousa para brindarlle á afección unha goleada histórica e para que Hugo Soto asinase dous tantos máis para un total de cinco, nun encontro que dificilmente esquencerá. Saíu ovacionado da Lomba igual que o resto do equipo que vivirá este semana fóra dos postos de descenso e coa moral totalemente recuperada.

Redacción Salnés