Tito Díaz ponse ó traballo co obxectivo de salvar ó Extrugasa

tito250_280109.jpgVILAGARCÍA> Pasada xa a xornada de onte coa marcha de Isaac Fernández e a chegada de Tito Díaz, o grupo intenta voltar á normalidade. O novo técnico, xa dirixíu dous adestramentos, o de onte pola tarde e o desta mañá, de case tres horas. Díaz non quere perder o tempo e desexa preparar a conciencia o partido do sábado en Ibiza.

{flowplayer}images/salnes/extrugasa_280109.flv{/flowplayer} 

Tito Díaz xa está ó mando do Extrugasa. Tralo primeiro contacto de onte, con charla en vestiarios e adestramento, hoxe tocou a primeira sesión matinal que foi de case tres horas, algo pouco usual.

E é que o técnico lucense cre que non hai tempo que perder e prefire introducir canto antes o seu estilo de baloncesto a unhas xogadoras que non pasan nin de lonxe polo seu mellor momento anímico. 

O novo adetrador ve fortaleza no grupo e opina que aínda é posible a permanencia. Once partidos dos que habería que gañar canda menos cinco para poder salvarse. O primeiro rival con Tito Díaz ó frente do Extrugasa será o Ibiza, este sábado, no que se verá as caras no banquiño con Jordi Fernández, pai do seu predecesor no cargo que agora ocupa. Un encontro difícil de gañar pero accesible. 

Ante todo o que quedou claro nestas primeiras dúas sesións é que o lucense quere imprimirlle un alto ritmo de traballo ó equipo para que estean ó cen por cen físicamente.  Con todo, o seu primer obxectivo será recuperar anímicamente a un plantel deprimido polas derrotas.

Redacción Salnés