A Xira Galega de Karting recala en Vilagarcía ata o día 18 de xullo

plantilla_deportes_baloncesto_copia250.jpgVILAGARCÍA> Hoxe instalouse a pista da cuarta Xira Galega de Karting. Personalidades políticas da zona e membros do grupo Gadisa, principal patrocinador do evento, inauguraron a edición subidos a un kart.

{flowplayer}images/salnes/KARTING.flv{/flowplayer}

Nun kart, equipados con cascos e a toda velocidade. Así foi como o concelleiro de cultura de Vilagarcía, Xosé Castro Ratón, o Vicepresidente da Deputación, José Juan Durán, o presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, Javier Puertas, e diversos cargos do grupo Gadisa enfrontáronse na carreira inaugural deste evento. O circuíto, instalado na explanada do porto, chega a Vilagarcía por terceiro ano consecutivo, na penúltima parada desta xira do 2010.

Vigo será a cidade que peche esta edición o próximo 18 de xullo. Nesta nova convocatoria, Negreira e Ortigueira engádense ás escalas. Con estas dúas adhesións buscouse estender a concellos máis pequenos este tipo de iniciativas, segundo sinalou Antonio Cortés, Director de Marketing do grupo Gadisa, grupo propietario da cadea de supermercados Gadis e principal patrocinador do evento.

O circuíto da IV Xira Galega de Karting estará aberta ó público en Vilagarcía ata o próximo 11 de xullo, concretamente desde as 10 da mañá ás 2 da tarde e desde as 5 ata as 10 da noite os xoves e os venres. O sábado e o domingo, a pista permanecerá aberta desde as 12 ás dúas da tarde e desde as 5 ata medianoite.

Os que queiran asistir poden conseguir grandes descontos a través de promocións en taquilla, na web da xira, co carné xove e cos vales descontos e invitacións dos supermercados Gadis.

Redacción Salnés