Cambados ameaza con deixar sen luz a fachada marítima

    cores_touris100_190109.jpgCAMBADOS> O alcalde de Cambados, José Manuel Cores Tourís, ameaza con deixar sen luz e sen mantemento a toda a fachada marítima …

    {flowplayer}images/salnes/TOURIS_TERREOS_PORTOS.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> O alcalde de Cambados, José Manuel Cores Tourís, ameaza con deixar sen luz e sen mantemento a toda a fachada marítima desde O Pombal ata San Tomé. É dicir, os espazos públicos dependentes de Portos de Galicia, tales como o paseo marítimo, a avenida de Galicia e o paseo da Calzada.

    O rexedor optou por este ultimatum ante a intención da Xunta de subir o canon que se aplica ó recinto do mercado. Dos 35 mil euros que pagaba o Concello polo recinto do mercado tería que pasar a 64 mil. A isto hai que engadirlle 4.700 por un local en San Tomé que usan os clubs de vela e piragüismo, e os máis de 23 mil euros polos terreos da Festa do Albariño.

    Polo tanto, Cambados non aceptará a proposta de convenio que lle remitiron desde Santiago. Segundo Cores Tourís pretenden que o Concello asuma tódolos custes da área portuaria e a única obriga da Xunta sería autorizar ditas actuacións e cobrar as tarifas. O rexedor advertiu que de ir adiante a subida o Concello veríase obrigado e incrementarlle as taxas ós vendedores ambulantes.

    O goberno local presentará unha alternativa a ese convenio. Piden que se modifique a lei, que se eliminen esas tarifas e que o paseo da Calzada e as zona que non son utilizadas por Portos, caso da avenida de Galicia, se transfiran ó Concello. Antes de levar a cabo a súa ameaza, o alcalde insistirá en negociar unha solución.

    Redacción Salnés