![]()
VILANOVA> O alcalde de Vilanova pide ós candidatos á presidencia da Xunta que debatan en campaña sobre a edificación no rural.
{flowplayer}images/salnes/DURAN_PXOM_VILANOVA.flv{/flowplayer}
VILANOVA> O rural de Vilanova perdeu nos últimos anos 300 habitantes e camiño está de perder algún colexio, como o de András. Así interpreta o alcalde Gonzalo Durán os datos do censo municipal. Desde 2003 a 2008, no rural a poboación só medrou en 208 habitantes, mentres que no casco urbano chegouse ós cincocentos.
Detrás disto, di Durán que está a política urbanística da Xunta e a consecuente paralización da edificación no rural. Neste senso, Gonzalo Durán reclama o debate sobre a ampliación dos núcleos rurais na campaña electoral.
A reflexión sae despois de que chegase ó concello a resposta da Casa Real a unha carta dunha veciña que non pode construír no rural por falta de PXOM. O alcalde indicou que se están achegando máis mozos ó consistorio co mesmo problema.
Redacción Salnés







