Cambados e o colxeio de San Tomé inviste 18 mil euros na mellora dos accesos do centro

CAMBADOS> Cambados e o Colexio de San Tomé invisten 18 mil euros en mellorar os accesos ao centro. A obra permitirá facer unha entrada accesible para as persoas con mobilidade reducida e ampliar o espazo do patio para o goce dos máis pequenos. A previsión é que o proxecto se termine nos vindeiros días sen afectar ao comezo do curso escolar.

O concello de Cambados aumenta cada ano a súas axudas aos diferentes centros escolares da vila para realizar as melloras que necesiten. Entre as actuacións de este ano está a mellora de accesibilidade ao colexio de San Tomé. Unha obra que tamén permitirá ampliar o patio.

O proxecto ten un custo de 18 mil euros, dos cales o concello inviste 10 mil euros e os outros 8 mil son aportados polo propio colexio. Dende o centro sinalan que estas obras son necesarias para mellorar as condicións dos máis pequenos.

O propio director tamén matiza que a obra supón un salto cualitativo, especialmente pola actuación que terá lugar na mellora do saneamento.

A previsión é que a obra se remate nos vindeiros días sen afectar ao comezo do curso. O goberno local triplicou as súas axudas aos centros escolares nos últimos anos ata os 45 mil euros, realizando tamén actuacións no colexio de Vilariño, Corbillón e Magariños.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí