CAMBADOS > O proxecto Cultura en Rede da Mancomunidade do Salnés clausurarase cunhas xornadas sobre novas tecnoloxías aplicadas á educación, cultura e turismo.
{flowplayer}images/salnes/NOVAS_TECNOLOXIAS.flv{/flowplayer}
CAMBADOS > O proxecto Cultura en Rede da Mancomunidade do Salnés clausurarase cunhas xornadas sobre novas tecnoloxías aplicadas á educación, cultura e turismo.
Os días 30 e 31 de outubro diversos expertos achegaranse a Exposalnés, en Cambados para presentar as súas iniciativas. Tamén se presentará o proxecto promovido pola Mancomunidade para por as novas tecnoloxías ó servizo do turismo e da educación como son as pantallas táctiles habilitadas nas oficinas de turismo da comarca, ou a información ofrecida a través de bluetooth ós visitantes. Contidos que se aproveitaron logo para o software dos encerados electrónicos dos colexios do Salnés.
Segundo os datos da Mancomunidade, as pantallas interactivas tiveron en agosto e setembro máis de dez mil visitas, das que 2.500 son accesos en linguas estranxeiras, como inglés, francés, portugués e alemán. A través de bluetooth fixéronse 40 mil descargas e os encerados electrónicos, en tan só dúas semanas cos contidos de Imaxínate O Salnés, xa tiveron 91 mil visitas.
Redacción Salnés