Abre as súas portas o CAAN con cabida para 500 animais

     MEIS> Xa está a funcionar o CAAN, o Centro de Acollida e Protección de Animais Domésticos da provincia de Pontevedra, situado no lugar do Busto, en Armenteira.

    {flowplayer}images/salnes/ABRE_CANCEIRA_PROVINCIAL.flv{/flowplayer}
     
    A este servizo están adheridos 48 concellos da provincia, que pagarán unha cota de 30 céntimos por habitante.
     
    Os cidadáns deberán pórse en contacto co seu concello para solicitar a intervención do CAAN. Unha vez Tragsa recibe o aviso, mobilízase un laceiro, e lévase o animal a Meis. No CAAN faráselle un primeiro exame do seu estado de saúde e comprobarase se ten microchip identificativo. Se tivese dono, daranlle ata 10 días para recollelo e, se non o fai considerarase abandonado e o centro fará a denuncia correspondente. O can declarado abandonado darase en adopción e esta será gratuíta.
     
    Desde a Deputación garanten que non se contempla o sacrificio dos animais e indican que o obxectivo final do CAAN é loitar por reducir o abandono e paliar, na medida do posible as súas consecuencias.
     
    O custe do servizo anda sobre os 250 mil euros, cofinanciado polos concellos adheridos e a Deputación de Pontevedra.
     
    Redacción Salnés