Openmoble permanecerá no recinto de FEXDEGA ata o vindeiro día 17

    OPENMOBLEcopy.jpgVILAGARCÍA> Neste primeiro salón do moble en Vilagarcía pódense atopar as últimas tendencias en equipamento e decoración para o fogar.

    {flowplayer}images/salnes/OPENMOBLE.flv{/flowplayer}

    3500 metros cadrados dedicados ás últimas novidades en mobiliario e decoración. Trátase de Openmoble, o primeiro salón especializado en interiorismo que se celebra en Vilagarcía, no recinto de FEXDEGA, con equipamentos e solucións para todo tipo de vivendas e exteriores.

    Comerciantes deste tipo de artigos de A Estrada, Toledo Pontevedra, Cambados, País Vasco e Portugal, ocupan coas súas exposicións o recinto dende o pasado sábado. Mobles modernos e suxerencias orixinais para cociñas, habitacións, salóns, baños e xardíns, mestúranse coas opcións máis clásicas.

    Durante a fin de semana, Openmoble compartiu recinto coa Feira Multisectorial FEXDEGA, que pechou as súas portas onte. As dúas iniciativas conseguiron atraer a máis de 7 mil persoas ó pavillón vilagarcián. Agora en solitario, o salón do moble continúa chamando a atención de compradores e curiosos.

    Para mañá, unha das empresas que participaron na Feira Multisectorial, realizará un cursiño de cociña e unha degustación gratuíta na sala de conferencias do Recinto, dende as 5 ás 7 da tarde.

    Pola súa banda, o público poderá seguir visitando Openmoble ata o venres, con horario de 5 da tarde a 9 da noite, e sábado e domingo de xeito ininterrompido dende as 12 do mediodía ás 9 da noite. Remata o vindeiro día 17.

     Redacción Salnés