Novo centro de dinamización da Sociedade da Información

    centro_sanxenxo100_210109.jpgSANXENXO> A Consellería de Innovación inaugurou en Sanxenxo un novo Centro de Dinamización da Sociedade da Información, …

    {flowplayer}images/salnes/CENTRO_DINAMIZACION_SI_SANXENXO.flv{/flowplayer}

    SANXENXO> A Consellería de Innovación inaugurou en Sanxenxo un novo Centro de Dinamización da Sociedade da Información,que está situado na rúa Luís Rocafor. Estará aberto de luns a xoves en horario de mañá e tarde e os venres pola mañá.

    Os usuarios dispoñen de 16 ordenadores, con lector de DNI, e cámara web, tamén terán un proxector e unha pantalla, unha cámara dixital e impresora. Pero, sobre todo terán unha dinamizadora. No acto estivo a directora xeral de Promoción Industrial, Helena Veiguela, quen anunciou que para este ano prevén inaugurar 33 centros máis.

    O servizo préstase xa en 70 concellos desde a creación, hai dous anos, da Rede de Dinamización da Sociedade da Información. Desde entón xa ten inscritos máis de 19 mil usuarios, dos cales o 60 por cento son mulleres. A media de idade oscila entre os 35 e os 44 anos e máis da metade dos usuarios teñen nada máis que o graduado escolar. O presuposto para o centro de Sanxenxo superou os 227 mil euros.

    Redacción Salnés