![]()
O GROVE > Hoxe presentouse no Grove a cuadraxésimo quinta edición da festa do marisco que vai a ter lugar nesta localidade do día 3 ó 12 de outubro.
Unha festa, que vai máis aló da típica degustación de marisco galego, e que inclúe unha chea de actos complementarios como varias actuacións de teatro, cómicos na rúa, pasarrúas, actividades folclóricas e outras actividades musicais; como por exemplo o concerto de David Civera e Cornelius, que terá lugar a noite do día 3 na Praza do Corgo.
Tamén haberá un día, o sábado 4, que estará dedicado ó país veciño, e no que ademais, un pregoeiro, aínda por desvelar, dará lectura ó pregón de apertura da festa.
O vindeiro venres día 10 celebrarase a gala de entrega das Centolas de Ouro; uns galardóns que este ano se lle outorgan ó galeguista Avelino Pousa Antelo, á Coral Polifónica da Confraría San Martiño do Grove, ós carpinteiros de Ribeira, os irmáns Garrido, Carlos Fernández e Marcelino Galiñanes; e a Marisol Prieto do Restaurante a Dorna.
A festa deste ano conta cun orzamento de preto dos 500.000 euros, para unha celebración que este ano espera contar cunha menor afluencia, dada á actual crise económica e a ausencia dunha ponte festiva no calendario.
Presentación Polémica
Pero máis aló da festa, este acto de presentación estivo marcado pola polémica; tal e como declarou o alcalde, que se viu obrigado á saír ó paso das declaracións verquidas nos últimos días nalgún medio de comunicación escrita. O alcalde José Antonio Cacabelos recoñeceu e lamentou a filtración dos galardoados deste ano. Pero ademais, negou varias das polémicas xurdidas en torno a esta celebración; ante as que pediu calma e rigorosidade para non dar en crear un clima de tensión ante os veciños.
No tocante ó concurso de Escultura, o alcalde grovense asegurou que todo esta listo para a súa celebración, e que as variacións deste ano se deben a unha mellor planificación do mesmo.
No referente a colocación da carpa que fai as veces de comedor, o rexedor local asegurou que a instalación estaba completamente pechada; só que non se vai a colocar esta instalación ata o último momento para non obstaculizar á celebración do tradicional mercadiño dos venres; tal e como solicitaron os comerciantes.
Asegurou tamén que contan xa ca autorización de Portos de Galicia para retirar os bolardos; unhas pezas que quizais non se volvan a colocar dada a súa inutilidade neste espazo. O alcalde grovense desmentiu tamén que pedise dimisión algún polo transcurso da organización desta festa.
Asemade, Cacabelos tivo duras verbas para o Partido Popular que contribuíra nestes días a incrementar a polémica; cando aínda figuran varios datos nas hemerotecas de como eles o fixeron que os obrigaría a estar calados.
Redacción Salnés







