Tenso pleno en Noia para aprobar as obras do fondo estatal

plenonoia_100_230109.jpgNOIA> A corporación municipal prima as obras de rehabilitación do casco histórico no Fondo de Investimento Local.

{flowplayer}barbanza/plenonoia.flv{/flowplayer}

O pleno dou o seu visto bo ós proxectos a incluir no Fondo de Investimento Local, para os que hai destinados 2’6 millóns de euros. O equipo de goberno decidiu incluir un total de nove obras, entre as que se atopan a reforma das rúas Porta da Vila e Escultor Ferreiro, o acondicionamento da fonte de Ferruxinosa e o seu acceso, a rehabilitación da escola da Barquiña para converte-lo en centro cívico, as reformas do inmoble municipal da rúa Espíritu Santo para destinalo a edificio administrativo e o da rúa do Curro para servizos, así como a construción de novos pantaláns na Barquiña e unha decantadora de lodos para a depuradora.

O alcalde, Rafael García Guerrero, incidiu en que boa parte das actuacións con cargo a este plan van destinadas á mellora do casco histórico da vila. Segundo o rexedor noiés conseguirase a rehabilitación dunha zona moi deteriorada, culpando ó anterior executivo de falla de xestión por non realizar esta actuación con anterioridade.

Cruce de acusacións

Aínda así a aprobación deste punto non estivo fóra de polémica. O voceiro do grupo municipal do Partido Popular, Antonio Ínsua, arremeteu contra o executivo bipartito, ó que acusou de falla de información sobre os proxectos.

O pleno, como vén sendo habitual nas últimas sesións, caracterizouse polo enfrontamento e o cruce de acusacións entre o voceiro popular e o alcalde, chegando este último a realizar ata un total de sete chamadas á orde a Pérez Ínsua.

Redacción Barbanza