Esta fin de semana arrancan as festas de verán no Son

presentacionfestaspsd.jpgPORTO DO SON> Esta mañá presentábase o programa das festas que terán nas verbenas nocturnas o máis destacado do cartel

{flowplayer}barbanza/presentacionfestaspsd.flv{/flowplayer}

O concello de Porto do Son acolleu a presentación do programa das festas patronais na honra á Virxe do Carme que se celebrarán no municipio. Mañá arranca a celebración con dianas e alboradas. Novas actividades non reflectidas no cartel preséntanse como pratos fortes convivindo con xa tradicionais eventos como as misas na capela da atalaya ou a procesión marítima.

Sardiñada popular

O día do Loreto, na capela da Santa, terá lugar unha misa, unha sardiñada popular e diversas actividades amenizadas por un grupo de gaiteiros. Organizadas pola consellería de turismo, ante a ausencia dunha comisión de festas, os festexos contaron cunha reducción presupostaria dun 20%, xa que a aportación municipal rebaixouse case á metade, manténdose a aportación vecinal como en anos anteriores.

Verbenas

As noites estarán amenizadas por orquestras e o broche final será o martes once cunha gran sesión de fogos de artificio seguidos dun pasarúas e unha traca final amenizado todo isto pola charanga “Os Celtas”.

Redacción Barbanza