PADRÓN> O presidente da Deputación da Coruña asinou un convenio coa Fundación Rosalía de Castro para modernizar a planta baixa da Casa da Matanza. A achega de máis de trinta e dous mil euros permitirá dotar de equipos tecnolóxicos a este andar que acolle a exposición sobre a vida e obra da escritora padronesa. Con esta sinatura materialízase o convenio entre a Deputación da Coruña e a Fundación Rosalía de Castro para acometer a modernización da planta baixa da casa museo da escritora en Padrón. A subvención de trinta e dous mil euros sufragará o oitenta por cento do proxecto orzamentado en preto de corenta e un mil euros. A actuación contempla a instalación dun proxector de video de alta resolución para visionado cenital con equipo de son incorporado así como a adquisión de diversos equipos audiovisuais. Procederase tamén á motaxe de novos expositores, vitrinas e rótulos así como á posta ne valor de documentos e imaxes que conforman a exposición. A axuda da Deputación vense sumar á longa lista de colaboracións do ente provincial coa fundación. O pasado ano cedeu unha serie de bens, valorados en máis de cincuenta mil euros, en calidade de depósito para a súa exposición ó público. A modernización da museografía da fundación responde ás necesidades actuais do centro, aberto ó público hai máis de corenta anos, para adaptalo ós novos tempos. En 2012 iniciouse este proceso coas obras de acondicionamento do inmoble. Tralo convenio coa Deputación para modernizar a planta baixa, a fundación traballa xa na busca de financiamento para completar o proxecto coa intervención no primeiro andar. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/14/sinaturaconveniodeputacionfundacionrosalia1401151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/14/sinaturaconveniodeputacionfundacionrosalia140115.mp4{/flowplayer}
Inicio Cultura