Balance negativo do mercadiño un ano despois do seu traslado

    mercadinoboiro_100_030209.jpgBOIRO> Os vendedores do mercadiño de Boiro denuncian os prexuízos que lles causa o traslado a Avellaneda, onde levan traballando máis dun ano.

    {flowplayer}barbanza/mercadinoboiro.flv{/flowplayer}

    O martes segue a ser o día de mercadiño no concello de Boiro, pero dende finais de 2007 celébrase nun novo emprazamento. As obras de construción da autovía da Barbanza e os problemas de tráfico serviron de xustificación ao executivo local boirés para trasladar os postos ambulantes dende a Avenida da Constitución, situada en pleno centro urbano, ata a Avenida de Avellaneda, preto da praia de Barraña.

    Este cambio supuxera daquela un tenso e longo conflicto entre o concello de Boiro e os comerciantes que se negaban ao traslado por considerar que o alonxamento das rúas peonis reduciría as vendas. Ademáis queixábanse de que o novo emprazamento carecía de servizos e de protección contra as inclemencias do tempo.

    Baixada das vendas

    Agora, transcurrido máis dun ano dende que tivera lugar o traslado, algúns comerciantes reafírmanse nas súas protestas. Aqueles que contan con postos situados a carón da praia si que notan un descenso na clientela. Moitos dos seus compradores habituais, para evitar desprazamentos, realizan as súas compras na entrada da avenida.

    Non obstante, outros vendedores fan un balance do traslado menos negativo do que auguraban ao principio.

    Con todo, consideran que, malia que xa ten rematado a construción da autovía, un dos prinicipais motivos do cambio de lugar do mercadiño, non voltarán retomar a petición ao executivo boirés para regresar ao emprazamento anterior.

    Redacción Barbanza