Vence pon a Rianxo como exemplo dos concellos gobernados polo BNG

    RIANXO> O BNG do Barbanza celebrou onte domingo en Rianxo o seu acto central da campaña de cara ás vindeiras eleccións municipais do 24 de maio. O BNG volveu elixir Rianxo, concello no que gobernan en coalición cos socialistas, para desenvolver un dos seus principais actos de campaña. O portavoz nacional, Xavier Vence, destacou na súa intervención o traballo que os nacionalistas realizan naqueles concellos onde gobernan. Por esta razón piden o seu apoio para o proxecto nacionalista, pois son o único proxecto político que defende os intereses do país, tamén dende os concellos, como está a acontecer co xeito. No acto tamén participou o alcalde e candidato á alcaldía de Rianxo polo BNG, Adolfo Muíños. Segundo el a súa principal prioridade de goberno volverán a ser os veciños, como tamén o foron nestes últimos catro anos. No mitin en Rianxo tamén participaron outros candidatos ou membros das candidaturas de Boiro, Riberia e a Pobra do Caramiñal, como é o caso de Raquel Suárez, Luís Pérez Barral e Cristina Andrade.