Vivenda inicia o expediente de expropiación dos terreos para o parque empresarial de Te

    poligonorianxo_100_040608.jpgRIANXO > Vivenda vén de someter a información pública o expediente de expropiación do 60% dos terreos para a construción do polígono de Te.

    {flowplayer}barbanza/poligonorianxo.flv{/flowplayer}

    Os propietarios dos terreos afectados pola expropiación recibirán nos próximos días unha carta individual e certificada comunicándolles o inicio do expediente expropiatorio e a partir da data de recepción da carta terán un mes para presenta-las posibles alegacións.

    Ademais o expediente expropiatorio permanecerá exposto ó público durante un mes, dende a súa publicación no DOG e no propio taboleiro do concello rianxeiro para a presentación de posibles alegacións por parte de todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas.

    Situación idónea

    As características do parque empresarial de Té, así como a súa boa situación próximo á futura autovía do Barbanza que conecta coa Autopista do Atlántico fan que o polígono sexa moi apetecible para o empresariado da zona.

    No seu total terá unha superficie de 335 mil metros cadrados, dos que aproximadamente 200 mil serán de uso industrial e comercial, 62 mil para zonas verdes e espazos libres, sete mil para equipamentos e 17 mil para vías e aparcamentos. A ordenación interior do parque inclúe nas zonas verdes as marxes do río Té, que transcorre por este ámbito, así como os hórreos e o muíño existentes no entorno. Ademais o proxecto prevé para as zonas máis próximas ós núcleos habitados a reserva para o desenvolvemento de actividades terciarias, deixando para o interior do parque as actividades industriais.

    Redacción Barbanza