A intervención dos veciños evita un novo roubo na Igrexa de Deiro

    igrexa_deiro_100.jpgVILANOVA> Dous ladróns foron sorprendidos por uns veciños cando estaban forzando a porta principal da Igrexa Parroquial de San Miguel de Deiro en Vilanova.

    Os feitos aconteceron a pasada amencida do sábado ó domingo en torno ás dúas da mañá. Daquela dous homes encapuchados estaban fozando cunha pata de cabra no acceso a esta Igrexa. O ruído que fixeron a os ladridos dos cans do lugar alertaron a uns veciños, o matrimonio composto por Manuel Simes Fernández e Adolfina Martínez Rey e o seu fillo, que lles berraron pola xanela para provocar a súa fuxida.

    Desta vez, os amigos do alleo non foron quen de levar nada, e mesmo deixaron a pata de cabra ca que forzaban a porta. Unha ferramenta que pouco despois volveron a buscar.

    Estas testemuñas aseguran que esta non é a primeira vez que intentan entrar neste recinto relixioso. Fai pouco máis de un mes que se produciu o último roubo.Daquela entraran forzando a porta lateral e si conseguiron levarse un pequeno botín, composto por unha medalla de ouro e os cartos dos cepillos dos santos e das velas.

    Estes vilanoveses cren que esta é unha tendencia que vai en aumento debido a estes tempos de crise. Estes feitos están a ser investigados pola Policía autonómica.

    Redacción Salnés