Afectados por Megasa piden a resolución da AAI

    megasa_afectados100_040209.jpgVILAGARCÍA> Afectados por Megasa solicitou á Consellería do Medio Ambiente e ós demais organismos implicados, a resolución sobre a AAI.

    {flowplayer}images/salnes/VECINOS_MEGASA.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> A Comisión Cidadán de afectados por Megasa acordou solicitar á Consellería do Medio Ambiente e ós demais organismos implicados, a resolución sobre a Autorización Ambiental Integrada desta empresa, en Vilagarcía. Os veciños reclaman que se teñan en conta as alegacións presentadas ó Proxecto de Megasa de cara a darlle solución ós problemas medio ambientais que produce.

    A Comisión de afectados lembra que seguen sen coñecer si se realizaron os análises posteriores á instalación do incinerador das emisións e os seus resultados. Segundo recordan, houbo varias denuncias por emisións, posteriores á instalación deste filtro, na delegación do Seprona en Vilagarcía. Os veciños advirten que continúan padecendo os ruídos que xera Megasa, coas conseguintes denuncias na Policía Local e Concello.

    A Comisión insta ademais á Consellería de Medio Ambiente a que estude outros problemas producidos por esta empresa, como o almacenaxe de mercadorías perigosas, os vertidos e os urbanísticos, denunciados polo propio Concello.

    Os veciños tamén se manifestan sobre a venda da empresa. Esperan que calquera movemento que afecte ó proxecto industrial de Megasa sirva para solucionar os problemas ambientais que xera. A Comisión de Afectados indicou a súa predisposición a reunirse cos novos propietarios.

    Redacción Salnés