Comeza a construción da nave de Vinova Group en Baión que poderá almacenar ata 27 mil toneladas de conxelados

VILANOVA> Ata 350 obreiros traballarán na construción da nova nave de Vinova Group. A empresa creará a instalación frigorífica máis grande de Galicia. A nave poderá almacenar ata 27 mil toneladas de pescado e dará emprego a 250 persoas.

A chegada de Vinva Group ao polígono de Baión revolucionará a zona industrial. Os operarios comezaron a semana pasada a construción da nova nave. Unha instalación frigorífica que será  a máis grande de Galicia con dezaseis mil metros cadrados. A súa construción necesitará nalgún momento a preto de 350 obreiros.

A nave poderá almacenar ata 27 mil toneladas de pescado.

A instalación terá outra sala destinada a elaboración. A súa capacidade de produción será de ata 500 toneladas ao mes de produto que será distribuído nas propias tendas da compañía. Dende a empresa destacan a situación estratéxica do polígono.

O efecto da chegada de Vinova Group xa se está notando no polígono de Baión. Dende a SEA destacan que a instalación desta empresa é impulso para o desenvolvemento da zona industrial.

A instalación frigorífica dará emprego a 250 persoas. A construción da nave ten un custo de 24 millóns de euros e a previsión é que se remate en xaneiro do ano 2023.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí