O Grove prepara actividades para cada un dos 31 días de agosto

    O GROVE> Os veciños de O Grove non terán descanso no mes de agosto. Coa colaboración de asociacións culturais da zona, o concello ven de presentar un calendario con actividades a diario. Deportes, arte, música e cine compoñen unha oferta máis que atractiva.

     

    Aos veciños de O Grove agárdalles un agosto cargado de actividades. 

    Durante os trinta e un días do mes máis forte do verán, veciños e visitantes gozarán dunha completa oferta: deportes, arte, música e cine copan o intenso calendario.

    As actividades faranse en diferentes ubicacións da vila, pero máis novidoso é a distribución. Dende o concello apostan por converter cada día da semana en días temáticos. Os luns para o deporte, os martes para o arte, o cine mandará os mércores e a música os xoves. Os venres serán para os bares e os sábados para a festa. O domingo a protagonista será a tradición.

     As fins de semana o deporte tamén será o protagonista. O fútbol gaélico, o balonmán, o voley praia e o skate chegarán as praias mecas.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/23/cultura_grove.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/23/cultura_grove.mp4{/flowplayer}

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí