Empresarios de Boiro pedirán a Xestur naves de aluguer en Espiñeira

    demandasespineira_100_05022009.jpgBOIRO>  A Asociación Boiresa de Empresarios demanda tamén unha revisión á baixa do prezo das parcelas.

    Os traballos de ampliación do parque empresarial de Boiro atópanse practicamente finalizados. Na espera de que chegue o seu remate, a Asociación Boiresa de Empresarios, por petición dos seus integrantes, solicitará unha xuntanza cos responsables de Xestur para tratar algúns temas pendentes antes de que se inicie a instalación das naves nas parcelas.

    Revisión de prezos

    Dende a Asociación de Empresarios de Boiro creen que a difícil situación económica que se vive na actualidade condiciona a moitos industriais que adquiriron unha parcela nos terreos da segunda fase do polígono de Espiñeira.

    {flowplayer}barbanza/demandasespineira.flv{/flowplayer}

    Por este motivo, instarán a Xestur, a empresa pública que xestiona a urbanización do recinto, para que realice unha revisión a baixa do prezo do solo industrial. Segundo explicou o presidente da ABE, Carlos Rodríguez Muñiz, algúns empresarios mesmo valoran a posibilidade de retirar as súas propostas se non se modifican as condición de venda das parcelas.

    Naves de aluguer

    Os empresarios de Boiro formularán o aluguer de naves como unha solución alternativa á compra de parcelas, opción que creen será máis asumible para aqueles que precisen solo industrial.

    Calculan que preto do 35 por cento do terreo aínda non foi adquirido polo que pedirán a Xestur que estude a posibidade de destinalo a construción de inmobles de aluguer. Outra cuestión que tamén preocupa aos socios da ABE é a relativa a execución de traballos nos viais.

    Dende a entidade empresarial non dubidan da boa disposición dos dirixentes da Xestora Pública para a posta en marcha destas demandas que buscan a máxima operatividade do parque empresarial en beneficio de ámbalas dúas partes.

     Redacción Barbanza