A limpeza das marxes do Louro está a evitar o seu desbordamento

    limpeza_rios_valga_100_050209.jpgVALGA> A consellería de Medio Ambiente está a destinar preto de 14 millóns de euros para o acondicionamento dos ríos galegos.

    {flowplayer}images/salnes/050209_limpeza_rios_valga.flv{/flowplayer} 

    O delegado de Medio Ambiente en Pontevedra, Juan Forján, achegouse ó concello de Valga para supervisar os traballos de limpeza e acondicionamento das marxes do río Louro. Trátase duns traballos de mantemento que se veñen realizando desde decembro en ríos de toda a provincia. Con eles preténdese mellorar a calidade das sendas fluviais e os desaugues dos ríos para evitar desbordamentos.

    A limpeza e mellora das marxes do río Louro forma parte dunha actuación máis ampla que a consellería de Medio Ambiente está a levar a cabo desde decembro en toda Galicia. O obxectivo, liberar de maleza e residuos os regatos para mellorar o entorno e evitar problemas como os desbordamentos.

    Preto de douscentos operarios se encargan actualmente do mantemento dos ríos da provincia. En total 30 cuadrillas destinadas tamén ó acondicionamento de espazos naturais. O delegado de Medio Ambiente informou que a día de hoxe xa se actuou en más de 25 quilómetros de ríos, e os traballos continuarán ata o mes de maio. Un proxecto para o que a consellería de Medio Ambiente conta con máis de 14 millóns de euros de orzamento, e que o alcalde de Valga, José María Bello, acolleu de bo grado.

    Segundo informou o delegado de Medio Ambiente, logo de rematar co Louro seguirán as labores de limpeza no río Valga, e xa están en contacto co concello para determinar se hai outras zonas do curso nas que sexa necesario intervir.

    O delegado de Medio Ambiente referiuse tamén á situación do proxecto do regato da Devesa. Juan Froján anunciou que as obras de acondicionamento deste río comezarán dentro de aproximadamente mes e medio. En canto ó proxecto do río Valga, o delegado explicou que xa no mes de outubro se lle remitiu o documento ó concello para que o estudase. Segundo comentou o alcalde José María Bello, a súa administración solicitou unha revisión do proxecto para que se modificase a ponte proposta pola consellería, xa que a consideran demasiado pequena para canalizar unha grande cantidade de auga. O rexedor de Valga indicou ó delegado de Medio Ambiente que os terreos para levar a cabo esta actuación xa están a disposición da consellería, e solicita que se refaga canto antes o proxecto para poder comezar as obras. O delegado de Medio Ambiente anunciou tamén que nun prazo de dous a tres meses comezarán as melloras na rede de saneamento do municipio.

    Redacción Salnés