O bus da Rede de Dinamización aparca en Vilagarcía

    bus_rede_dinamizacion_100_050209.jpgVILAGARCÍA> Ó longo da xornada dous monitores encargáronse de achegar as novas tecnoloxías ós veciños da vila.

    {flowplayer}images/salnes/050209_bus_sociedade_informacion.flv{/flowplayer} 

    Ata o vindeiro 11 de febreiro, este autobús informativo percorrerá 15 concellos de toda Galicia para dar a coñecer os Centros de Dimamización da Sociedade da Información. Trátase dunha aula móbil equipada con ordenadores e conexión a internet, na que dous monitores se encargan de explicar ós visitantes os servizos que ofrecen os centros, coma os obradoiros de informática destinados a todo tipo de público.

    Tanto os cursos de formación como as charlas ou o acceso ós equipos informáticos dos centros son gratuítos. Desde hai pouco máis dun mes, Vilagarcía conta cunha aula de Dinamización propia, situada na confluencia das rúas Castor Sánchez e Xoán Carlos I. A instalación destes centros corre a cargo da consellería de Innovación e Industria co fin de que toda a sociedade teña acceso ás novas tecnoloxías, un mundo que cada vez esperta máis interese entre a poboación.

    A programación do bus informativo contempla horarios con acceso libre a internet, proxección de vídeos promocionais e clases de informática, todo adaptado ás necesidades dos asistentes.

    Redacción Salnés