A CIG contra a reforma que limita as axudas para maiores de 55 anos

     POBRA> En vésperas da mobilización do Primeiro de Maio, Día da Clase Traballadora, o sindicato concentrábase diante das oficinas da Seguridade Social.

    {flowplayer}barbanza/concentracioncigoficinaseguridadesocialpobra.flv{/flowplayer}

    A concentración que os membros da CIG realizaron diante das oficinas do Instituto da Seguridade Social na Pobra pretendía ser un acto simbólico, unha chamada de atención á opinión pública ante un novo recorte do Goberno nos dereitos dos traballadores. Nesta ocasión a Confederación Intersindical Galega protestaba pola medida aprobada de xeito escurantista no Parlamento o pasado 11 de abril que entre outras cuestións limita o acceso á axuda familiar para maiores de 55 anos.

    Chamada á mobilización

    Dende a CIG fan un chamamento tamén á participación nas mobilizacións convocadas para o Primeiro de Maio solicitando un cambio nas actuais políticas. Como vén sendo costume a CIG volverá a celebrar a súa manifestación en Ribeira. Será as doce da mañá e partirá dende a Praza do Peixe.

    Redacción Barbanza