Catro meses despois, o Extrugasa volve a gañar

baloncesto250_090209.jpgVILAGARCÍA> Tras catro meses sen gañar na Liga e nove sen facelo na casa, o Extrugasa volveu a vencer por fin en Fontecarmoa. Unha victoria que mete de cheo na loita pola permanencia ás de Tito Díaz, que disputarán outra final este mércores ante o Gran Canaria.

{flowplayer}images/salnes/baloncesto_090209.flv{/flowplayer} 

Houbo que agardar ata o 7 de febreiro para ver unha victoria do Extrugasa na casa. A ledicia do triunfo do sábado non compensa as numerosas decepcións vividas este ano, pero tanto xogadoras como afección festexárono como se dun título se tratara.

 Despois de trece derrotas consecutivas, o equipo por primeira vez dende hai moito tempo, botou fóra os seus complexos e xogou sen ansiedade, con soltura. Correron cando puideron facelo e souberon xogar con tranquilidade e cabeza os ataques estáticos. Todo elo acompañado dua súa mellor arma, a defensa, que volveu a funcionar, sobre todo no terceiro cuarto.

Antes, o Extrugasa asinara unha primeira metade moi boa, aínda que o marcador non o reflectira (35-31), algo que se debeu ó extraordinario acerto das exteriores do Mann Filter. Cando foron baixando as porcentaxes, o Extrugasa foise no marcador.

O equipo raiou a unha gran altura en tódolos aspectos do xogo, aínda que a máis destacada foi sen dúbida Elisha Turek. Nun mes, pasou de ter un papel secundario a ser actriz protagonista na recuperación do equipo. A súa garra, a súa loita, contiaxa ó resto do plantel e iso é moi bo sempre e cando non se traduza en desconcerto e presas; e o sábado non apareceu esa ansiedade. Turek asinou uns fantásticos 17 puntos e 11 rebotes, que estiveron ben secundados polos 16 tantos de Castro e a boa dirección tanto de Asurmendi como de Arantxa Novo.

O partido romepuse no terceiro cuarto e a pelexa pasou a ser polo basketaverage. As mañas defendían 14 puntos de diferencia do partido da id.; O Extrugasa chegou a estar 19 arriba, para ó final quedarse xustamente en 14 (70-56).

Paso importante do Extrugasa que agora ve o futuro con moito máis optimismo e pensa en poder doblegar este mércores a un rival directo, o Gran Canaria, que visita Fontecarmoa para disputar o encontro adiado que teñen pendiente.

A xornada no baloncesto non puido ser perfecta xa que o Inelga caeu na cancha do Chantada por 64-51, polo que os de Juan Espiñeira continúan na zona baixa da táboa.

Redacción Salnés