A permanencia do Extrugasa pasa por gañar ó Mann Filter

baloncesto250_060209.jpgVILAGARCÍA> Segundo match ball que afronta o Extrugasa. As vilagarciáns xóganse boa parte das súas opcións de permanencia mañá en Fontecarmoa ante o Mann Filter Zaragoza.

A cara o cruz. Se sae cara, se gaña o Extrugasa, a inxección de moral sería importante e a salvación veríase moito máis factible. Unha derrota podería ser a sentencia do equipo este ano.

Despois de dez días con Tito Díaz ó frente, o plantel confía en sacar o partido de mañá adiante, sabedoras as xogadoras de que teñen calidade suficiente como para impoñerse ó rival. Por iso, o adestrador lucense ve fundamental marca o ritmo do xogo.

Tódalas xogadoras estáran a disposición de Díaz, a excepción da junior Arantxa Mallou, que sufríu a semana pasada unha importante lesión no ligamento cruzado.

Do rival, destacan as súas xogadoras interiores que lideran ó seu equipo no aspecto anotador e reboteador. As dúas norteamericanas e co mesmo nome: Latoya Turner e Latoya Thomas.

No baloncesto masculino o Inelga vista a pista do Chantada, cuarto clasificado. Un rival difícil de batir para os de Juan Espiñeira e que conta co máximo anotador da Liga e á vez mellor valorado: Manuel Castro Sanmartín, que promedia 19 puntos por partido con 25 de valoración. Os vilagarciáns non deben despistarse porque continúan preto da zona de descenso.

Redacción Salnés