Boiro acolle este sábado a XXXVI Promoción de Ciclismo

BOIRO> O concello de Boiro acolleu o acto de presentación da XXXVI Promoción do Ciclismo de Boiro. A proba terá lugar este vindeiro sábado 27 de abril.

Organizada polo Club Ciclista Barbanza, a  proba irá dirixida as categorías menores.

Agárdase unha participación próxima ós 300 corredores de equipos de Galicia e incluso Portugal.

Contará con diversos circuítos e será puntuable para a Copa Galega do Porvir.

Na presentación da proba tamén tomou parte o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, que destacou a organización deste tipo de probas que busca a promoción dun deporte tan importante e con tanto arraigo en Boiro como é o ciclismo.