A Volta 2013 arrancará dende a provincia de Pontevedra

PONTEVEDRA> Despois de tres días intensos na provincia de Pontevedra en torno ó ciclismo, hoxe tocou facer balance dende a Deputación. O seu presidente, Rafael Louzán cualificou o paso da Volta como un éxito rotundo en tódolos aspectos. Pero o máis salientable foi o anuncio que fixo: que a saída da 68 edición da Volta, o sábado 24 de agosto de 2013, será na provincia de Pontevedra.

{flowplayer}images/salnes/Volta2013_310812.flv{/flowplayer} 

Este era o anuncio que facía hoxe Rafael Louzán xunto ó director de Unipublic, Javier Guillén. O presidente Provincial avanzou que xa se comezou a traballar para tratar de ser o máis orixinais posibles nesa data. O que non se aclarou aínda é a ubicación exacta dos lugares de saída e chegada nin que tipo de etapa será.

Javier Guillén destacou a importancia que supón ser saída da Volta Ciclista a España a nivel promocional, xa que entre outras cousas conta coa presentación do percorrido por Televisión Española e protagoniza o videoclip de promoción do evento. O Director de Unipublic manifestou tamén a súa máxima satisfacción con estes días de ciclismo en Pontevedra. Destacou principlamente a resposta do público e a beleza do entorno.

Rafael Louzán cualificou como “éxito rotundo” o paso da Volta a España tanto dende o punto de vista deportivo, como de participación e promoción, destacando a espectacularidade das imaxes que se proxectaron das rías baixas.

Redacción Salnés