NOIA> Hai uns días presentábase no concello noiés unha charla formativa dirixida a deportistas e persoas vinculadas ó deporte.
A cita, organizada polo Club de Montaña + de Monte terá lugar o vindeiro sábado 27 de abril, ás seis da tarde, no pavillón Agustín Mourís.
Levará por título ‘A importancia do traballo de forza no rendemento deportivo e na saúde’ e correrá a cargo de Paulo De la Fuente, xefe de rendemento do equipo profesional ciclista TREK.
Dende o Concello noiés animan a asistir a esta charla.
A actividade será gratuíta e aberta a toda aquela persoa que o desexe.
Aínda así, para poder asistir cómpre realizar inscrición previa a través do correo electrónico maIsdemonte@gmail.com ou no teléfono 663 23 04 96.






