NOIA> Hai uns días presentábase no concello noiés a primeira edición do Campus de Fútbol de Verán da Fundación Celta. A actividade, que se desenvolverá do 1 ó 5 de xullo, xorde en colaboración co Noia CF e o propio Concello.
Estará dirixida a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e os 16 anos que poderán mellorara as súas habilidades futbolísticas, pero non só iso…
Tanto dende o NOIA CF como tamén dende o Concello destacaron a importancia desta proposta deportiva
As inscricións xa están abertas, podéndose realizar a través da propia web oficial do RC Celta de Vigo.








