VILAGARCIA> Recepción no concello de Vilagarcía aos deportistas Pablo Barreiro e Alba Díaz. Veñen de proclamarse campións de España na clase 420 de vela. Foi nun campionato que acaba de celebrarse en augas da bahía de Cádiz. Barreiro, de 16 anos, compite no Real Club Naútico de Sanxenxo, mentres que a súa compañeira de embarcación é do Club Náutico Marina Coruña. Os dous foron recibidos esta tarde no Salón Nobre de Ravella polo alcalde de Vilagarcía.
A xesta tivo lugar en augas da bahía de Cádiz a comezos deste mes. Alí o vilagarcián Pablo Barreiro e a súa compañeira, Alba Díaz, fixéronse co Campionato de España na clase 420 de vela, na modalidade mixta.
Hoxe, os dous mozos foron recibidos no concello de Vilagarcía polo alcalde da cidade Alberto Varela, e polo concelleiro de deportes, nun acto que tivo lugar no salón nobre de Ravella. Ó acto tamén acudiu Bruno Gago, director do Centro Galego de Vela.
Logo de catro días de competición, o seu triunfo chegou logo de dúas boas mangas, que lle permitiron afianza-lo liderado na súa clase. Conseguiron unha diferenza abismal con respecto ao seu principal competidor.
Pero tanto o vilagarcián como a coruñesa amosaron unha gan capacidade de adaptación, tendo en conta ademais as condicións cambiantes coas que se atoparon, en especial cos cambios de vento.
Pablo Barreiro, de 16 anos, compite no Real Club Naútico de Sanxenxo, mentres que a súa compañeira de embarcación é do Club Náutico Marina Coruña.
O seguinte reto para as triuplacións da selección galega serán na Copa de España de San Sebastián, que vai ter lugar do 25 ao 28 deste mes, coa clasificación en xogo para o Campionato de Europa da clase.

















