Cabo de Cruz foi o claro dominador nos Campionatos de España de Bateis

POBRA> Cabo de Cruz foi o claro dominador nos Campionatos de España de Bateis celebrados esta pasada fin de semana na Pobra, nos que tomaron parte máis dun cento de embarcacións chegadas, ademais de Galicia, doutras comunidades, como é o caso do Pais Vasco, Asturias ou Cantabria.

O Club boirense demostrou o seu potencial facéndose con seis medallas.

Dous títulos nacionais: en categoría infantil feminina e en senior masculino.

A estes dous ouros os crucenses, sumaron tamén dous subcampionatos nas categorías cadete feminina e masculina e outros dous terceiros postos, ambas en infantís.

Destacar tamén o trunfo de Mecos en infantil masculino, Robaleira en xuvenís feminina, Cangas en alevín masculino e Chapela, que se fixo con dúas bandeiras, en xuvenís masculino e na senior feminina.