Nova victoria do Céltiga que o achega ó playoff de ascenso

celtiga250_090209.jpgA ILLA>  O Céltiga métese de cheo na loita polo cuarto posto da xeral. Os da Illa impuxéronse pola mínima ó Negreira cun gol de Kelvin .

{flowplayer}images/salnes/celtiga_090209.flv{/flowplayer} 

Terceira victoria consecutiva para o Céltiga que comeza a mirar moi de preto os postos que dan dereito a xogar a fase de ascenso. Colócanse agora a tan só un punto do cuarto, o Santa Comba, despois de gañar onte ó Negreira (1-0), candidato tamén a promocionar.

Foi un partido moi traballado por parte dos da Illa, que acudiron ó encontro coas importantes baixas de Óscar Blanco, Beni e Manuel e con Josiño na grada, todos sancionados.

O choque decidíuse nunha xogada de moita fortuna na que a defensa visitante despexou un balón que rebotou no xeonllo de Kelvin e fixo unha vaselina perfecta e insalvable para José Ramón. Cumpríase o cuarto de hora de xogo.

A primeira media hora foi de dominio local pero pouco a pouco o Negreira foise facendo co mando e probou a César nun par de veces antes do descanso.

Tralo paso polos vestiarios, o Céltiga continuou a traballar como un gran equipo, sobre todo á hora de defender. Incluso tiveron ocasións para facer o 2-0, unha moi clara nas botas de Iago e outra na que Diego Peláez mandoulle un pase da morte a Kelvin ó que o africano non puido chegar por pouco. 

O Negreira estirouse co paso dos minutos buscando a igualada e tivo ocasións para facelo, pero unhas veces a defensa e outras César impediron que os de Ferreiro se levasen algo positivo do Salvador Otero.

Tres puntos importantes para o Céltiga que acada moral antes da súa visita a semana que ven ó campo do Lalín.

Redacción Salnés