O filial do Real Madrid aplasta ó Grove Amalfi

fototorneocopia.jpg O GROVE> O Torneo de Nadal de O Grove coloca ó San Agustín como favorito. O resultado final, 56 a 118 puxo de manifesto a superioridade dos madrileños.

{flowplayer}images/salnes/TorneoBasketGrove.flv{/flowplayer}

Despois de ganarlle á selección de Portugal o día anterior cun resultado moi similar 129 a 55, o San Agustín demostrou onte que ía a ser moi difícil sacarlle o Torneo de Nadal do Grove das mans. E iso que os portugueses chegaban ó Monte da Vila sendo os vencedores do ano pasado, pero nada puideron facer ante a forza do filial do Real Madrid.

O partido de onte foi máis do mesmo. Os locais aguantaron o partido bastante ben ata o comezo do segundo cuarto, 25 a 31 estaban ós 5 minutos. Pero a superioridade física dos visitantes comezou a facerse cada vez máis patente e a falta de banquillo do conxunto do Grove con dúas ausencias por enfermidade tamén lles complicou as cousas bastante.

Na segunda parte o San Agustín xogou ás súas anchas e os locais desapareceron da pista proba delo foi o 56 a 118 final no marcador. Tamén se enfrontaron onte os Agustinos de León e a selección de Portugal con vitoria para os lusos 52 a 114.

O torneo finaliza hoxe co último cruce o San Agustín mídese ós Agustinos e o Grove ós Portugueses.

Redacción Salnés