Uns douscentos nadadores tomarán parte este sábado na V Travesía Illa da Bensa

BOIRO> Esta mañá presentábase no Concello a quinta edición da Travesía a Nado Illa da Bensa. A actividade, organizada polo Club Natación Boiro,  terá lugar este sábado 20 de agosto, na praia de Carragueiros.

A proba, que contará con varios percorridos dependendo da categoría, iniciarase ás once da mañá.

Dende o Concello destacaron a importancia desta travesía, que chega este ano xa a súa quinta edición, e o traballo que realiza o Club.

A proba conta co patrocinio de varias empresas e casa comerciais da localidade, como é o caso de Clínica Dental Rebeca Ozores  e Jealsa, que co seu apoio fan posible que poida realizarse.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí