Denuncia supostas represalias tras facer públicas as eivas do mercado

    denunciaxoanmosquera_100_110209.jpgRIBEIRA> Tras denunciar o mal estado en que se atopa o mercado, un dos praceiros acusa ó goberno local de tomar represalias.

    {flowplayer}barbanza/denunciaxoanmosquera.flv{/flowplayer}

    Xoán Mosquera, praceiro de Ribeira, leva tempo denunciando as numerosas deficiencias que presenta a praza de abastos da localidade. As reformas que hai meses acometeu o concello non supuxeron ningunha mellora no funcionamento das instalacións, xa obsoletas, polo que os usuarios demandan a construción dunha nova praza.

    Ratas

    Ademais das deficiencias estruturais, Xoán Mosquera refírese as malas condicións hixiénicas xa que non cumpren uns mínimos de salubridade, denunciando mesmo a presenza de ratas. Cuestión que está a causar certa crispación entre os propios praceiros e mesmo motivou un altercado co encargado da praza de abastos.

    Xoán Mosquera afirma sentirse perseguido polo executivo local dende que comezou a denunciar as malas condicións en que se ven obrigados a traballar na praza de abastos. De feito, acaba de recibir un escrito do concello informando da apertura dun expediente sancionador polo incumprimento da ordenanza reguladora de mercados municipais que obriga a acudir a vender un mínimo días, mentres que el so o fai unha vez á semana. Mosquera cre que se trata dunha persecución de carácter persoal posto que moitos compañeiros están na mesma situación e non foron sancionados.

    Revisión xeral

    Lonxe disto, dende o concello explican que se procedeu a unha revisión xeral da documentación de tódolos titulares dos postos e detectáronse varias irregularidades, entre elas a de Xoán Mosquera que a pesar de ocupar tres puntos de venda na praza de abastos só acude de forma esporádica o que constitúe unha falta grave.

    A concelleira delegado do mercado, Esther Patiño, informou de que se lle apercibiu desta situación pero o interesado non alegou ningunha causa xustificada polo que se procedeu á apertura dun expediente sancionador. A edil insiste en que non se trata de ningunha persecución persoal posto que houbo outros casos, un deles aínda en estudo sobre a posible sanción e outro ó que se lle procedeu á retirada do permiso.

    Redacción Barbanza