Teatro do Noroeste presenta en Vilagarcía ‘Extrarradios’

extrarradios100_110209.jpgVILAGARCÍA> Teatro do Noroeste presenta este sábado en Vilagarcía a obra Extrarradios, dirixida e escrita por Eduardo Alonso.

{flowplayer}images/salnes/PTAC_EXTRARRADIOS.flv{/flowplayer}

VILAGARCÍA> Teatro do Noroeste presenta este sábado en Vilagarcía a obra Extrarradios, dirixida e escrita por Eduardo Alonso.

O texto, nominado ós premios Max de teatro, narra a historia de dúas mulleres do extrarradio da sociedade e da moralidade, unha mendiga e a outra prostituta, que se atopan nunha para de autobús abandonada. Xuntas serán capaces de grandes logros. Luma Gómez e Victoria Pérez son as actrices que lle dan vida ás protagonistas desta Comedia das Mulleres Desamparadas.

 O espectáculo forma parte da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios. O Concello de Vilagarcía amosouse satisfeito do éxito que están a ter o teatro en galego. Extrarradios representarase no Auditorio de Vilagarcía este sábado ás nove da noite. As entradas xa está á venda a 5, 4 e 3 euros.

Redacción Salnés