O BNG presenta alegacións á futura EDAR de Ribeira

    alegacionsbngribeira.jpgRIBEIRA> Para os nacionalistas non é de recibo que a Xunta non inclúa no proxecto unha depuradora específica para os residuos do polígono de Xarás.

    {flowplayer}barbanza/alegacionsbngribeira.flv{/flowplayer}

    Para os membros do BNG de Ribeira a construción dunha depuradora que permita o tratamento das augas residuais da localidade é unha vella demanda que levan demandando dende hai tempo. Aínda así e unha vez analizado o proxecto desa futura EDAR que pretende construír a Xunta, non están conformes coa proposta xa que non prevé a instalación dunha estación depuradora específica para os residuos procedentes do polígono industrial de Xarás. Razón pola cal decidiron presentar unha alegación ó proxecto.

    Cumprimento do acordo

    Dende o grupo municipal nacionalista demándanlle ó equipo de goberno que antepoña os intereses dos cidadáns de Ribeira ós do seu partido, esixindo á Xunta de Galicia que se cumpra co acordo acadado en pleno por unanimidade en xullo de 2007.

    Graves prexuízos

    Para o voceiro municipal do BNG unha solución distinta a esta traería graves prexuízos para Ribeira, non só directos no marisqueo e na pesca pola contaminación directa ó mar, senón a outros sectores intimamente vinculados a estes como poden ser o turismo.

    Redacción Barbanza