![]()
POBRA> Nalgún caso o incremento polo consumo eléctrico triplica a anteriores facturas.
{flowplayer}barbanza/denunciasconsumoluz.flv{/flowplayer}
Os últimos recibos da luz están a causar numerosos quebradeiros de cabeza a moitos pobreses. Na última semana foron numerosas as persoas que se achegaron ata a oficina do consumidor para pedir información e presentar reclamacións. No fondo unha única queixa, o que ó seu xuízo é unha suba abusiva da súa factura eléctrica.
Na maioría dos casos, duplican e mesmo triplican as cantidades a aboar. Así, veciños que antes pagaban ó redor duns 200 euros polo consumo eléctrico teñen que aboar agora máis de 500.
Dende a empresa Unión Fenosa comunícase que na maioría dos casos a valoración do consumo fíxose de xeito estimativo, baseándose en consumos anteriores, polo que segundo eles as cantidades axustaranse na próxima factura. Aínda así na oficina pobresa ofréceselle a tódolos veciños que o desexan información sobre os pasos que deben dar, axudándolles ademais a tramitar as súas reclamacións.
Redacción Barbanza








