VILAGARCÍA> Unha nova campaña de solidariedade está a promover a Fundación Amigos de Galicia en colaboración con Amencer Espace. Poderíamos darlles 48 millóns de razóns para xustificar a importancia de esta información, pero o mellor é que as vexan e escoiten vostedes mesmos.
Reunir uns 48 millón de tapóns é a finalidade da nova colaboración solidaria na que participan Amigos de Galicia e Amencer Aspace. Cos cartos recadados, algo máis de 12.000 euros, esperan facilitar a compra de un Programa Spidersuit especial que facilitaría o tratamento de rapaces pertencentes a Amencer.
Este programa consta de cinco traxes distintos con poleas e o sistema de Unidade de exercicios universal.
Dende Amigos de Galicia, a súa subdirectora admitíu, que esta é unha das accións máis ambiciosas que as campañas de tapóns que soen levar a cabo.
Amigos de Galicia xestionará a recollida de tapóns e a propia compra do traxe. Sinalar que os tapóns poden ser depositados en nos establecementos colaboradores como puntos de recollida, nos centros Amencer Aspace de Pontevedra, e Princesa Letizia de Vilagarcía de Arousa, que se convertirán en setembro en puntos de recollida de tapóns.
Inicio crb











