O Gran Canaria amenaza Fontecarmoa nunha nova final

baloncesto250_110209.jpgVILAGARCÍA> O Extrugasa debe gañar se é que quere seguir optando á permanencia. Se acada unha victoria, quedaríase a un triunfo da salvación e abandonaría o último posto da xeral deixando atrás ó seu rival desta noite.

O Extrugasa afronta ás 21:00  un dos partidos máis importantes do ano, senón o máis importante. O conxunto vilagarcián xógase boa parte das súas opcións de permanencia ante un rival directo por ese obxectivo, o Gran Canaria.

Será a disputa do encontro adiado correspondente á 14ª xornada ligueira, día no que ó conxunto insular foille imposible viaxar ata Vilagarcía polo temporal de neve que mantivo pechado durante horas o aeroporto de Barajas.

Dende aquel día moitas cousas cambiaron no Extrugasa. O equipo recuperou a moral perdida e cambiou de técnico, aínda que hoxe non poderá contar con el no banquiño.

A Federación Española de Baloncesto impidelle Tito Díaz sentarse onde lle corresponde porque no día no que se tiña que disputar o encontro, o 10 de xaneiro, o lucense aínda non posuía licencia federativa, non estaba enrolado ó Extrugasa.

David Cuartero trasladará as instruccións a un plantel que estará ó completo para este choque de vital importancia.

Redacción Salnés