Conciencia social ante o cambio climático

    expocambioclimatico_100_160209.jpgPADRÓN> O convento do Carme alberga a exposición "O cambio climático" financiada pola Deputación de A Coruña

    A mostra itinerante “O cambio climático”, que xurdíu a partir dos estudios realizados polo departamento de psicoloxía da Universidade de A Coruña e contou co financiamento da Deputación de A Coruña, votou a andar no concello de Padrón. 

    Caridad González, acompañada do rexedor de Padrón, Camilo Forján foi a encargada de inaugurar esta mostra que neste primeiro día foi visitada polos alumnos de cuarto e sexto de primaria do colexio Rosalía de Castro.

    Actitudes responsables

    A exposición da a coñecer ao público en xeral as principal causas do cambio climático e as súas consecuencias a través de paneis explicativos e actividades interactivas.

    {flowplayer}barbanza/expocambioclimatico.flv{/flowplayer}

    Trátase de chamar a atención, dende as institucións públicas, sobre unha problemática medioambiental que afecta a sociedade mundial e fornecer a todas a sociedade, especialmente aos máis novos, das ferramentas necesarias para que adopten actitudes responsables ante o cambio climático.

    A mostra “O cambio climático” permanecerá no claustro do convento de O Carme en Padrón ata o vindeiro 25 de febreiro en horario de mañá e tarde. Tras a súa estancia neste concello de O Sar, iniciarase un percorrido itinerante por dez concellos da provincia de A Coruña.

    Redacción Barbanza